Noticias e alertas

💡 O CONCELLO DE VILALBA ADXUDICA A RENOVACIÓN DO ALUMEADO EN VARIOS NÚCLEOS DAS PARROQUIAS DE SANTABALLA E RIOAVESO 👉 O IDAE ap...

23/06/2022

💡 O CONCELLO DE VILALBA ADXUDICA A RENOVACIÓN DO ALUMEADO EN VARIOS NÚCLEOS DAS PARROQUIAS DE SANTABALLA E RIOAVESO



👉 O IDAE aporta o 80% do investimento e trátase da terceira subvención deste organismo que acada o actual grupo de goberno



Con esta actuación, o concello renova un total de 201 puntos de luz con tecnoloxía LED (87 en Balneario O Carrizo, 48 en Feiranova e 66 nas Campelas), mellorando desta forma a eficiencia enerxética e rebaixando o consumo de enerxía e a contaminación lumínica.



O orzamento da obra supera os 200.000 euros, pero o concello conseguiu unha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), que aporta o 80% do investimento.



Trátase da terceira subvención do IDAE que acada o actual grupo de goberno neste mandato municipal para a renovación do alumeado público. Son unhas axudas que saíron no 2015 pero na anterior lexislatura non se solicitou ningunha.



🖇 Máis info: https://bit.ly/3NjkRdc



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies