Noticias e alertas

#28J DÍA DO ORGULLO 🏳️‍🌈En Vilalba imos dando pasos cara á visibilidade nos...

28/06/2022

#28J DÍA DO ORGULLO 🏳️‍🌈



En Vilalba imos dando pasos cara á visibilidade nos espazos públicos do colectivo LGTBI, poñendo as cores da bandeira 🌈 nalgúns dos pasos de peóns da vila, que se suman aos bancos que a rapazada do Ies Basanta Silva pintou en anos anteriores e á bandeira que volve estar pendurada do balcón do Concello.



𝙋𝙤𝙡𝙤 𝙙𝙚𝙧𝙚𝙞𝙩𝙤 𝙖 𝙨𝙚𝙧 𝙚𝙣 𝙡𝙞𝙗𝙚𝙧𝙙𝙖𝙙𝙚 ❤️🧡💛💚💙💜



🤍 Polo compromiso de visibilizar distintas realidades en favor da diversidade e da liberdade afectivo sexual.



✋🏽 Por que ningún neno, nena, rapaz ou rapaza, sinta o desprezo, o cuestionamento, a violencia ou a discriminación dos seus iguais por non seguir a norma.



🌍 Polo respecto e a erradicación das condutas que nos limitan como sociedade e que vulneran os dereitos do colectivo.



‼️Lembrade que este Venres 1 de xullo celebraremos na Praza da Constitución o día do ORGULLO a partir das 19h, cunha campaña na rúa, a Escola Municipal De Teatro o Dúo Estrellas e Eme DJ



#Orgullo #Vilalba #Pride #Diversidade #Igualdade #Dereitos #FestaDaCor #Visibilidade #Respecto































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies