Noticias y alertas

👉 OS PRIMEIROS TRABALLOS DA RÚA DA PRAVIA DEIXAN AO DESCUBERTO TUBERÍAS ANTIGAS DE PLOMO O grupo de goberno do Concello de Vil...

30/09/2022

👉 OS PRIMEIROS TRABALLOS DA RÚA DA PRAVIA DEIXAN AO DESCUBERTO TUBERÍAS ANTIGAS DE PLOMO



O grupo de goberno do Concello de Vilalba vén de informar á veciñanza da reposición inmediata das acometidas de plomo nunha das seccións da rúa da Pravia, material prohibido desde hai preto de 20 anos.



A posta en marcha dos primeiros traballos nesta rúa, coa instalación dunha tubería exterior a modo de by-pass durante as obras con entroques a cada inmoble para garantir o subministro de auga deixou ao descuberto que algunhas das tuberías antigas eran de plomo.



“Para a nosa sorpresa, detectouse que en numerosas acometidas onde se está colocando o bypass atopáronse tuberías de plomo e tamén outras de fibrocemento, polo que lamentamos que non se atallara esta situación en toda a rúa nalgunha das ocasións nas que se levantaron beirarrúas e se fixeron obras”, explicou o concelleiro de Urbanismo, Luis Fernández.



🖇 Máis info: https://bit.ly/3RrsK2e



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies