Noticias e alertas

🎄O CONCELLO DE VILALBA PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE NADAL CUNHA VARIADA...

02/12/2022

🎄O CONCELLO DE VILALBA PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE NADAL CUNHA VARIADA OFERTA LÚDICA, CULTURAL E FESTIVA



❄️O Concello de Vilalba presentou esta mañá a súa programación de Nadal cunha variada oferta lúdica, cultural e festiva para todas as idades, que se prolongará durante máis dun mes e na que unha das novidades será a pista de xeo que se ubicará na Praza da Constitución.



👉A programación foi presentada en rolda de prensa pola alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Veleiro; a concelleira de Políticas Sociais, Economía e Facenda e Comercio, Marta Rouco; a concelleira de Educación, Infancia e Mocidade, Feiras e Mercados, Antía Rama, e o deputado provincial Roberto García Pernas.



👉Tamén estiveron no acto o representante e director da fábrica en Vilalba de Entrepinares, Javier Gato; o representante e director da fábrica en Vilalba de Lactalis Puleva, Javier Pozueta, e o xefe de zona de Gadisa, Luis Debasa, todo eles colaboradores e patrocinadores da pista de xeo. Asistiu por outra parte Antía Naveiras, representante do comercio e da Asociación de Empresarios Sete Pontes.



☃️O Nadal comeza en Vilalba co acendido das luces e a inauguración do poboado de Nadal o próximo martes 6 de decembro ás 18.30 horas. Este momento tan especial estará amenizado pola mini banda de Vilalba e os pequenos da Asociación Cultural de Andrade.



🔗Máis info: https://loom.ly/9QtwAbg



















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies