Noticias e alertas

💡👉O CONCELLO DE VILALBA INICIA A RENOVACIÓN DO ALUMEADO EN SANXURXO PARA MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA ✔️O Concello de Vila...

16/08/2022

💡👉O CONCELLO DE VILALBA INICIA A RENOVACIÓN DO ALUMEADO EN SANXURXO PARA MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA



✔️O Concello de Vilalba deu comezo hoxe ás obras de renovación e mellora do alumeado na parroquia de Sanxurxo, concretamente no barrio de Campelas. Os traballos, que continuarán proximamente na parroquia de Santaballa, permitirán instalar un novo alumeado con menor consumo enerxético e un importante aforro económico.



👉Os proxectos destas obras están financiados por unha subvención do “Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía” (IDAE), organismo adscrito ao Ministerio para la Transición Ecológica. O Concello de Vilalba solicitou as subvencións para os proxectos nestas dúas zonas xa que o resto de áreas do municipio non cumpren cos requisitos da subvención.



🚧As obras permitirán a renovación dun total de 66 luminarias, cun orzamento de 78.243 euros, dos que o Concello de Vilalba aporta 15.000 euros xa que o resto do importe o subvenciona o IDAE.



ℹ️Máis info en: https://loom.ly/nEOrQ58



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies