Noticias e alertas

🎃🖌️O CONCELLO DE VILALBA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE SAMAÍN “PINTA E CREA A TÚA CABAZA” 🏆O xurado profesional e o ...

29/09/2022

🎃🖌️O CONCELLO DE VILALBA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE SAMAÍN “PINTA E CREA A TÚA CABAZA”



🏆O xurado profesional e o voto popular decidirán as mellores cabazas, que recibirán premios de ata 100 euros



O certame abrangue tres categorías: infantil , ata os 12 anos; adulto, dende os 13 anos; e artística, que inclúe todas as idades. Os participantes poderán presentarse na categoría que lles corresponda por idade e na categoría artística, cunha cabaza por categoría.



As cabazas entregaranse para o concurso próximo 30 de outubro, quedando expostas na Praza da Constitución de 12:00 a 17:00. Neste tempo, a cidadanía poderá achegarse para votar pola súa preferida. Unha vez rematado o reconto de votos popular e do xurado, entregaranse os premios. Na categoría infantil todos os participantes que non resulten premiados recibirán un pequeno agasallo.



Tras a entrega de premios, a compañía Assircópatas ofrecerá o espectáculo Abracadaver. Ademais, o Concello de Vilalba anuncia unha sorpresa para o público asistente ao evento.



Máis info en: https://loom.ly/j1QsnS0



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies