Noticias e alertas

🎒✔️ O CONCELLO DE VILALBA RECIBE A VISITA DOS ALUMNOS E PROFESORES DO CICLO DE...

17/03/2023

🎒✔️ O CONCELLO DE VILALBA RECIBE A VISITA DOS ALUMNOS E PROFESORES DO CICLO DE FORMACIÓN EN ATENCIÓN SOCIOSANITARIA DO IES LOIS PEÑA NOVO



✔️ O Concello de Vilalba recibiu hoxe a visita do alumnado e dos profesores e profesoras do Ciclo de Formación en Atención Sociosanitaria do IES Lois Peña Novo.



✔️ A alcaldesa Elba Veleiro foi a encargada de guialos neste encontro no que os responsables dos Servizos Sociais no Concello, os Traballadores Sociais, a Psicóloga e a Orientadora Familiar, lles explicaron aos estudantes o tipo de procedementos e recursos que tramitan para a veciñanza da vila.



✔️ O SAF, o CIM, a Escola Infantil Municipal, o Servizo de Madrugadores, o do Comedor Escolar para a Educación Infantil ou a Atención Temperá son algunhas das prestacións coas que conta o Concello de #Vilalba e que esta mañá xurdiron no debate cos alumnos e alumnas do IES Lois Peña.



💬 “Para o Concello de Vilalba son prioritarios este tipo de servizos porque son os que afectan de forma máis directa ao benestar das persoas e das familias de Vilalba. Que os nosos mozos e mozas se interesen polo traballo que facemos, que o saiban por en valor e mesmo queiran nun futuro formar parte del é unha gran noticia, polo que agradecemos a visita do alumnado do IES Lois Pena Novo”, subliña Elba Veleiro.











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies