Noticias e alertas

🎭 O CONCELLO DE VILALBA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A XXI MOSTRA DE TEATRO 👉 O ciclo comeza mañá venres 9 de xuño ás 20:30 horas ...

08/06/2023

🎭 O CONCELLO DE VILALBA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A XXI MOSTRA DE TEATRO



👉 O ciclo comeza mañá venres 9 de xuño ás 20:30 horas no auditorio municipal coa representación de ‘As portas do verán’



👉 O sábado 10 de xuño ás 20:30 horas será a quenda da obra ‘Ulises’



👉 A programación rematará o domingo día 11 con ‘De marzo a marzo’



O Concello de Vilalba acolle unha vez máis a Mostra de Teatro de Vilalba, que neste ano chega á súa XXI edición. O ciclo de representacións desenvolverase esta fin de semana no auditorio municipal e inclúe tres obras, unha cada día.



Mañá, venres día 9 de xuño, terá lugar a primeira representación da mostra, ‘As portas do verán’, a cargo dos grupos infantil e xuvenil da Escola Municipal de Teatro de Vilalba ás 20:30 horas.



Tamén por parte da Escola Municipal de Teatro de Vilalba, pero esta vez ao cargo do seu grupo adulto, terá lugar a representación de 'Ulises' o sábado 10 de xuño. Será tamén ás 20:30 horas.



Finalmente, o domingo 11 de xuño ás 19:30 concluirá a XXI Mostra de Teatro de Vilalba con ‘De marzo a marzo’, representada por Opaí Teatro do Canido SRD.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies