Noticias e alertas

📌 O CONCELLO DE VILALBA INFORMA DA PUBLICACIÓN NO DOG DA MODIFICACIÓN DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO POLÍGONO SETE PONTES, TRÁMITE P...

08/06/2023

📌 O CONCELLO DE VILALBA INFORMA DA PUBLICACIÓN NO DOG DA MODIFICACIÓN DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO POLÍGONO SETE PONTES, TRÁMITE PREVIO IMPRESCINDIBLE PARA A SÚA AMPLIACIÓN



O Concello de Vilalba informa da publicación no DOG de hoxe do anuncio de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento no parque empresarial Sete Pontes.



Esta modificación foi aprobada inicialmente polo pleno municipal de Vilalba o pasado 30 de marzo e trátase dun trámite previo imprescindible para a ampliación do polígono.



A modificación puntual, en cumprimento da parte dispositiva do acordo plenario e do preceptuado polo artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses desde mañá, venres 9 de xuño.



A documentación sometida a información pública, que abarcará todos os documentos integrantes do expediente número 3762/2017 tramitado para o efecto, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico, estará dispoñible no portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Vilalba, no cartapacio dixital Planificación e ordenación urbanística e medio ambiental, a través da seguinte ligazón:

https://vilalba.sedelectronica.es/transparency/8d28df79-e32c464e-b1f4-a4850740db14/



Durante o período de información pública quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies