Noticias e alertas

🎄O CONCELLO DE VILALBA CONVOCA O IV CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL ❄️O Concello de Vilalba convoca o IV Concurso de Escaparat...

30/11/2022

🎄O CONCELLO DE VILALBA CONVOCA O IV CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL



❄️O Concello de Vilalba convoca o IV Concurso de Escaparates de Nadal co obxectivo de promover a actividade comercial e favorecer un ambiente propio das Festas do Nadal.



👉Este concurso está aberto a todos aqueles establecementos comerciais situados na vila, que poderán inscribir dende hoxe ata as 14:00 horas do día 12 de decembro.



🎅O tema para desenvolver neste concurso será alegórico ao ambiente propio das Festas do Nadal e sempre combinándoo cos produtos propios do establecemento.



🎁O xurado determinará os tres mellores escaparates, recibindo un premio de 600 euros no caso do primeiro clasificado, de 400 euros no caso do segundo e de 200 euros para o terceiro. Ademais, concederase un premio de 100 euros para o escaparate máis votado nas redes sociais, compatible co resto de premios.



ℹ️ Podes tramitar as inscricións e consultar as bases en: https://loom.ly/nB7gNno



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies