Noticias e alertas

✅ Vilalba acollerá unha oficina móbil de asesoramento de 'Acelera Pemes', un proxecto da Deputación de Lugo que prestará apoio g...

01/12/2022

✅ Vilalba acollerá unha oficina móbil de asesoramento de 'Acelera Pemes', un proxecto da Deputación de Lugo que prestará apoio gratuíto durante dous anos ás empresas da provincia en materia de transformación dixital.



👉 O obxectivo é axudar ás pemes a aproveitar os recursos da dixitalización para mellorar o seu negocio, de maneira que gañen en competitividade, produtividade, eficiencia, e para que abran novas oportunidades de negocio.



Vilalba foi un dos concellos elixidos para acoller unha oficina de asesoramento por ser cabeceira de comarca e ter un importante número de pemes e autónomos.



“É unha oportunidade para Vilaba, será un asesoramento personalizado, é dicir, adaptado ás características e necesidades de cada negocio, co obxectivo de que poñan en valor os seus produtos e servizos”, explica a alcaldesa, Elba Veleiro.



Poderán participar todas as PEMES que estean interesadas, co único requisito de ter sede física en Vilalba.



🖇️ Máis info: https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/78632



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies