Noticias e alertas

📌 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, considera “unha broma de mal gusto e unha falta de respecto aos nosos veciños e veciñas” ...

13/05/2025

📌 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, considera “unha broma de mal gusto e unha falta de respecto aos nosos veciños e veciñas” que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vaia a Lugo “a anunciar 100 millóns de euros de investimentos na provincia e ignore por completo á capital da Terra Chá”.



✍️ “Os orzamentos da Xunta recollen cero euros de investimentos reais en Vilalba desde o ano 2019”, lamenta a alcaldesa, “e Alfonso Rueda só se lembra dos nosos veciños e veciñas nas eleccións para pedirlles o voto”.



❌ “A Xunta de Galicia ten completamente abandonada a estación de autobuses de Vilalba, por falar do tema pendente máis chamativo”, asevera Rouco, “e todos os días recibimos queixas dos veciños polas carencias do centro de saúde”.



👉 “Non hai investimentos nas infraestruturas de Vilalba de titularidade autonómica, nin partidas ás que temos dereito polo canon da auga incluído no recibo, nin novidades sobre o cumprimento do convenio asinado hai xa 20 anos para que a Xunta cedera ao concello tres travesías urbanas… nada”, engade a alcaldesa.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies