Noticias e alertas

‼️ O Concello reitera a súa preocupación pola situación da estación de autobuses e pola falta de resposta da Xunta de Ga...

20/02/2026

‼️ O Concello reitera a súa preocupación pola situación da estación de autobuses e pola falta de resposta da Xunta de Galicia ante unha problemática que leva máis de dous anos sen solución.
➡️ Hai un mes a alcaldesa, Marta Rouco, solicitou unha reunión urxente coa Dirección Xeral de Mobilidade para abordar medidas inmediatas, pero seguimos sen recibir contestación nin avances que permitan mellorar unha infraestrutura esencial para a mobilidade da nosa veciñanza.
📌 Desde o Concello continuaremos reclamando o que é xusto: unha estación de autobuses en condicións, con servizos básicos, mantemento adecuado e unha planificación clara de actuacións. Vilalba merece un trato igualitario e unha resposta á altura das súas necesidades.
#alcaldia #estaciondeautobuses #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies