🎼 Esta mañá deu comezo a primeira xornada das probas de participantes na IX Mostra Musical do @eixo_atlantico.
🎶 Ao longo de todo o día, o Auditorio Municipal e o Conservatorio de Música acollen as actuacións dos mozos e mozas intérpretes procedentes de Galicia e do norte de Portugal.
👏🏼 Un ambiente cheo de talento, convivencia e paixón pola música nun evento internacional que converte esta fin de semana a nosa vila nun referente cultural da eurorrexión.
📍 E a programación continúa esta tarde:
🎺 Concerto da Banda de Música de Vilalba
🕣 20:30 horas
🏛️ Auditorio Municipal
📅 Mañá domingo celebrarase o acto de clausura e entrega de premios:
🕓 16:00 horas
🏛️ Auditorio Municipal
✨ Un acto aberto ao público no que haberá actuación musical do dúo Xeosmina, homenaxe ao músico portugués António Saiote e entrega de premios.
#alcaldia #mostramusical #eixoatlantico #concellodevilalba