Noticias y alertas

🎼 Vilalba puxo hoxe o broche final á IX Mostra Musical do @eixo_atlantico tras unha fin de semana na que a nosa vila se...

24/05/2026

🎼 Vilalba puxo hoxe o broche final á IX Mostra Musical do @eixo_atlantico tras unha fin de semana na que a nosa vila se converteu no epicentro da música clásica e do jazz da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
🎶 O Auditorio Municipal acolleu o acto de clausura e entrega de premios desta edición, nunha gala aberta ao público que contou coa actuación musical do dúo Xeosmina, a homenaxe ao músico portugués António Saiote e a entrega dos galardóns aos participantes premiados.
🏆 Os gañadores desta IX Mostra Musical do Eixo Atlántico foron:
▪️ Solistas Grupo A: Mafalda Silva (Gondomar).
▪️ Solistas Grupo B: Gil Brito (Porto).
▪️ Solistas Grupo C: João Rosa (Gondomar).
▪️ Solistas Grupo D: Miguel Ribeiro (Santa María da Feira) e mención de honra para Romeu Machado (Fafe).
▪️ Agrupamentos de Cámara: Quintento de Sopros (Vila Nova de Famalicão) e mención de honra para Grupo de Sopros (O Barco de Valdeorras).
▪️ Agrupamentos Maiores: premio deserto e mención de honra para a Minibanda de Sarria.
❤️ A alcaldesa, Marta Rouco, destacou durante o acto “o orgullo que supón para Vilalba acoller un evento internacional destas características e converter a nosa vila nun referente cultural e musical durante toda unha fin de semana”.
👏🏼 Grazas ao Eixo Atlántico, á organización, aos participantes, ás familias e a todas as persoas que fixeron posible unha fin de semana inesquecible arredor da música.
#alcaldia #mostramusical #eixoatlántico #actoclausura #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies