🎶 Vilalba convértese mañá nun gran escenario ao aire libre no que máis de 𝟰𝟬𝟬 𝗻𝗲𝗻𝗼𝘀 𝗲 𝗻𝗲𝗻𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 se reunirán arredor da música, da convivencia e da nosa cultura.
🎤 𝘕𝘰 𝘣𝘪𝘤𝘰 𝘶𝘯 𝘤𝘢𝘯𝘵𝘢𝘳 chega á nosa vila para celebrar unha xornada única na que alumnado de conservatorios profesionais e escolas de música compartirá escenario co alumnado da nosa contorna nun encontro impulsado polo @consellocultura
ℹ️ Nesta edición, a protagonista será a 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗖𝗵𝗮́, coa música como fío condutor para render homenaxe aos autores e autoras que forman parte da nosa identidade cultural.
‼️ Un evento destas características non se vive todos os días e poucas veces temos a oportunidade de desfrutar en Vilalba dun concerto colectivo desta dimensión, con centos de voces novas enchendo de música o corazón da vila.
📍 Escalinata da Praza de Santa María
🕠 17:30 horas
☔ En caso de choiva trasladarase ao Auditorio Municipal
👏🏼 Animámosvos a achegarvos, acompañar aos participantes e vivir unha tarde que promete quedar para o recordo. Agardámosvos!
#alcaldia #nobicouncantar #concerto #consellodaculturagalega #concellodevilalba