Noticias e alertas

🏃🏽‍♀️ Xa podes inscribirte na IX San Silvestre Vilalbesa!

02/12/2024

🏃🏽‍♀️ Xa podes inscribirte na IX San Silvestre Vilalbesa! Contaremos con once categorías diferentes e agasallos para todos os participantes



🗓️ A xa tradicional proba do Nadal celebrarase o domingo, 29 de decembro coa saída e a chegada na Praza da Constitución



🗣️ A directora da área de deportes, Paula Vigo, explicou que “a inscrición é totalmente gratuíta e haberá once categorías diferentes en función da idade e a distancia a recorrer, ademais de agasallos e medalla para todos os participantes que rematen a proba”



Nesa liña, as categorías participativas serán:



1️⃣ MINI: para nados entre 2021 e 2019, cunha distancia de 150 metros e inicio ás 16:30



2️⃣ PITUFOS/AS: para nados entre 2018 e 2017, cunha distancia de 300 metros e inicio ás 16:40



3️⃣ SUB 10: para nados entre 2016 e 2014, cunha distancia de 900 metros e inicio ás 16:50



4️⃣ SUB 13: para nados entre 2013 e 2011, cunha distancia de 1.800 metros e inicio ás 17:05



5️⃣ ANDAINA: sen límite de idade, cunha distancia de 2.000 metros e inicio ás 17:30



Pola súa banda, a categoría absoluta, de carácter competitivo con cronometraxe, chip e listados de resultados, terá unha lonxitude de 5.120 metros e dividirase en:



1️⃣ JUNIOR (subdividida en feminina e masculina): para nados entre o 2010 e o 2007 e inicio ás 17:30



2️⃣ ABSOLUTA (subdividida en feminina e masculina): para nados no 2006 e anteriores e inicio ás 17:30



3️⃣ VETERANOS (subdividida en feminina e masculina): para nados no 1989 e anteriores e inicio ás 17:30



🔗 Toda a información sobre as bases, proceso de inscrición, data límite e recollida de dorsais en: www.vilalba.gal/novas



#alcaldia #deportes #sansilvestre #nadal #concello #vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies