Noticias e alertas

🤩 CARTEL COMPLETO DO @fivdevilalba 2025! 👥 Na mañá de hoxe a alcaldesa, Marta...

04/02/2025

🤩 CARTEL COMPLETO DO @fivdevilalba 2025!



👥 Na mañá de hoxe a alcaldesa, Marta Rouco, e as concelleiras de cultura e comercio, Mónica González e María Xosé Fernández, presentaron o cartel completo do FIV na Delegación Provincial da Xunta en Lugo



🎤 As novas confirmacións: Varry Brava, Joe Crepúsculo, a banda Cycle e os lucenses Grande Osso



🎶 Súmanse á proposta na que xa se presentaron Shinova, León Benavente, The Rapants, Leria, Galician Army e Juancasupersub DJ Set



🗣️ "Agardo que esta nova edición do FIV se consolide como un novo éxito e, sobre todo, que os fivers aproveiten para coñecer a nosa vila, estou segura que Vilalba non os deixará indiferentes", salientou Marta Rouco



💬 Pola súa banda, a concelleira de cultura, Mónica González, fixo fincapé na importancia de "crear un tecido socioeconómico máis potente arredor do FIV e que a xente queira coñecer Vilalba"



🤝🏼 Ademais, a presentación contou coa presenza do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, así como Carlos Montilla, director da promotora @iradiacrea e outros representantes da Xunta de Galicia e do Partido Popular en Vilalba



#alcaldia #concelleriadecultura #fiv #concello #vilalba











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies