🇨🇺 Santaballa volve mirar cara á súa historia emigrante.
📜 Esta mañá participamos na inauguración da XVI Feira do Indiano e das XVI Xornadas sobre Migracións Indianas, unha cita organizada pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa que, un ano máis, recupera a memoria da emigración galega e da pegada que deixou especialmente en Cuba.
🏛️ A alcaldesa, Marta Rouco, participou na inauguración, á que tamén asistiron as concelleiras Paula Vigo, Mónica González e María Xosé Fernández, nunha xornada que comezou coa IV Volta Ciclista á Terra Chá, a mesa redonda sobre o Centro Galego e a galeguidade en Cuba, exposicións, música e o vermú cubano.
🌎 Unha celebración que nos lembra que coñecer de onde vimos tamén nos axuda a comprender mellor o presente, e que manter viva a nosa memoria é posible grazas ao traballo constante das asociacións das nosas parroquias.
🎶 Esta tarde, Santaballa continúa coa festa, os traxes de época, os xogos tradicionais, a música, o baile, a foliada e a tradicional queimada.
👏🏼 Grazas á Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa por seguir mantendo viva esta historia.
#alcaldía #emigración #xornadasindianas #feiradoindiano #concellodevilalba