Noticias y alertas

📚 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Educación, Paula Vigo, presentaron hoxe na Biblioteca Municipal Agustín...

21/01/2026

📚 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Educación, Paula Vigo, presentaron hoxe na Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz a volta do Club de Lectura, unha actividade moi consolidada e con gran acollida entre a veciñanza.
➡️ O club retoma as súas xuntanzas este xaneiro de 2026 e, para participar, será necesario inscribirse previamente no formulario que se fará público mañá, xoves 22 de xaneiro, ás 10:00 horas, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades no acceso ás prazas.
📖 A primeira reunión terá lugar o mércores 28 de xaneiro, ás 19:30 horas, na propia biblioteca, onde se fará entrega do primeiro libro e se explicará o funcionamento das xuntanzas literarias.
✅ Unha aposta firme por seguir impulsando a lectura en Vilalba e que conta co apoio fundamental da nosa bibliotecaria, Atenea Ruibal.
#alcaldia #educacion #biblioteca #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies