Noticias e alertas

📌 O Concello de Vilalba triplica o gasto por habitante das sete grandes cidades na Axuda no Fogar

19/03/2025

📌 O Concello de Vilalba triplica o gasto por habitante das sete grandes cidades na Axuda no Fogar



👉 Dos 13.366.085 euros de orzamento municipal en 2025, o concello destina 3,4 millóns de euros ao SAF



✍️ “A atención a maiores e dependentes é unha prioridade para nós, pero o custo é excesivo e asfixia ao concello”, advirte Marta Rouco



O Concello de Vilalba aprobou hai uns días un orzamento municipal para o ano 2025 de 13.366.085 euros, dos que destinará máis do 25% ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF).



Esta aposta do concello por un servizo “prioritario dentro da nosa acción de goberno” supón que Vilalba triplique o gasto por habitante das sete grandes ciudades galegas na Axuda no Fogar.



No caso de Vilalba, o gasto por habitante é de 240 euros anuais, polos 75 euros de media das sete cidades: 88 euros en Lugo; 85 euros en Santiago; 51 euros na Coruña; 107,6 euros en Ferrol; 60 euros en Pontevedra; 56 euros en Vigo, e 48 euros en Ourense.



“Os maiores e dependentes merecen toda a nosa atención, é unha aposta clara por parte do goberno local, pero os datos son moi chamativos, reflicten unha situación que asfixia ao concello e deberían servir para unha reflexión conxunta”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.



Facendo referencia ao investimento total, só a capital, Lugo, supera na provincia os 3,4 millóns de Vilalba.



O servizo conta en Vilalba con máis de 140 traballadores e atende a máis de 310 veciños e veciñas do concello (unhas 14.700 horas mensuais).



“Os concellos asumimos esta competencia impropia sen contar co financiamento necesario, se non chega de forma urxente máis axuda da Xunta de Galicia e o Goberno, a situación será moi complicada”, remata Rouco.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies