20/03/2025
🤩 O vindeiro sábado 5 de abril a nosa vila acollerá a IX Ruta BTT Terra Chá do queixo San Simón da Costa
🚴♂️ A marcha cicloturista, que discorrerá polo noso termo municipal, así como polos veciños concellos de Xermade e Muras, será a encargada de dar o pistoletazo de saída á Festa do queixo San Simón
🗣️ Así o confirmou hoxe a entidade organizadora da proba, o Club Ciclista Terra Chá, que presentou a nova edición xunto ás institucións colaboradoras: o Concello de Vilalba, a Deputación de Lugo, o Concello de Xermade e o Concello de Muras
ℹ️ Como en edicións pasadas, a ruta volverá contar con tres niveis de dificultade, así como diversos puntos de avituallamentos, un punto de lavado de bicicletas, duchas para os participantes e pinchos ao remate da proba
🔗 As inscricións, cuxo límite serán 300 prazas, seguen abertas 1 de abril en www.ccnorte.com
🔝 A alcaldesa, Marta Rouco , salientou na presentación do evento "a aposta por facer de Vilalba unha verdadeira festa a primeira fin de semana de abril, na que haberá actividades para todos os gustos e idades"
#alcaldia #concelleriadeportes #festadoqueixo2025 #ruta #btt #ciclismo #concello #vilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies