11/04/2025
✅ O Concello recuperará os 162.000 euros que a Xunta de Galicia tería que ter aboado fai case 4 anos
🏗️ En concreto, trátase dun orzamento corresponde ás obras de renovación da rede municipal de abastecemento de auga nas rúas Calvario e Os Pepes
🔙 “A Xunta de Galicia negoulle ao Concello o cobro da subvención, unha situación completamente inxusta e contra a que decidimos actuar pola vía xudicial” explicou a alcaldesa, Marta Rouco
⚖️ Agora, a Sala do contencioso-administrativo do TSX de Galicia vén de recoñecer a obriga da Xunta de Galicia a efectuar o pagamento de 162.795,24 euros correspondentes á parte da obra xustificada dentro do prazo establecido, así como do pago de intereses correspondentes
🗣️ “Estamos satisfeitos porque recuperamos o que era dos vilalbeses e vilalbesas, un diñeiro público que nos correspondía e que a Xunta de Galicia pretendía negarnos”, concluíu a rexedora, Marta Rouco
#alcaldia #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies