Noticias e alertas

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Cultura, Mónica González,...

29/04/2025

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Cultura, Mónica González, participaron hoxe na rolda de valoración da 18ª edición do FIV



✅ O balance xeral do Concello é positivo, apoiándose nos datos facilitados pola produtora do evento, quen cuantificou en máis de 6.000 persoas o nivel de asistencia das actividades celebradas ao longo da fin de semana



🗣️ “A xente cada vez se implica máis e concertos tan esperados como o da banda de música de Vilalba, que cada ano nos sorprende máis, foron un cheo absoluto” afirmou a concelleira de Cultura, Mónica González



🔝 Nesa liña, a alcaldesa, Marta Rouco, salientou "o beneficio económico que supón a celebración do FIV para o noso comercio local e hostalería; o FIV fixo vibrar Vilalba e a todo o tecido comercial do municipio, manténdose vivo e implicado co festival"



🔜 Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Mónica González, asegurou que "xa estamos traballando na vindeira edición" e a rexedora, Marta Rouco, subliñou "a importancia de seguir potenciando Vilalba como un municipio cunha constante proposta social e cultural"



🔗 Máis información en www.vilalba.gal/novas



#alcaldia #cultura #fiv #roldaprensa #concellodevilalba











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies