02/05/2025
✅ A concellería de Infraestruturas Urbanas traballa nun novo proxecto de mellora da accesibilidade e adecuación do espazo público no casco urbano
🌳 O proxecto céntrase na integración dun sistema de sombra na avenida da Terra Chá con plataformas elevadas nas que se plantarán pereiras silvestres e se instalarán bancos
ℹ️ A ampliación dos espazos naturais de sombra e a dotación de zonas de descanso considérase estratéxica xa que na actualidade a rúa “conta con tramos de varios centos de metros, incluso con pendente medias, sen espazos de descanso á sombra, o que xera barreiras de accesibilidade a moitos usuarios”
🏗️ Unha situación que se solucionará mediante unha serie de actuacións que incluirán:
1️⃣ O recorte do pavimento existente e a apertura de alcorques
2️⃣ A colocación dun sistema de recollida de auga
3️⃣ A colocación dun muro perimetral de suxeición en cada plataforma
4️⃣ A creación de zonas elevadas con céspede e o recheo con terra
5️⃣ A plantación de pereiras silvestres
6️⃣ A colocación de asentos de madeira sobre a superficie central das plataformas
🗣️ “O proxecto conta cun orzamento de 45.888 euros dos cales o 80% será subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente a través dunha liña de axudas de concorrencia non competitiva á que presentamos o proxecto en tempo e forma para poder conseguilo”, explicou a alcaldesa, Marta Rouco
🤝 Finalmente, Rouco salientou “a constante aposta do goberno local pola mellora da accesibilidade, a funcionalidade e a estética do municipio, que confirmamos con este proxecto que se suma a outros como a renovación da rúa Benxamín Paz ou do tramo bidireccional da rúa Guitiriz”
#alcaldia #infraestruturasurbanas #avenidaterracha #proxecto #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies