20/05/2025
📌 Transformando Vilalba: Servizos Públicos
🚮 O novo contrato de recollida de lixo e limpeza viaria simboliza o gran obxectivo do goberno local de Vilalba: mellorar os servizos públicos.
👉 Un 70% dos 13.366.085 euros aos que ascende o orzamento municipal de 2025 destínase á prestación de servizos públicos.
✅ O novo contrato de lixo e limpeza ten un orzamento de 18.076.489 euros para os próximos 10 anos. Inclúe un investimento de 2,4 millóns de euros para renovar a maquinaria, os vehículos e os colectores.
👍 Aumenta o persoal, mellora a limpeza no casco urbano e as parroquias, e increméntase a frecuencia de recollida en todas as parroquias.
Outras partidas destacadas para os servizos públicos son:
💡 500.000 euros na rede de alumeado público.
🏊♀️ 500.000 euros para o mantemento da piscina municipal climatizada.
🔑 500.000 euros para os contratos de conserxería dos edificios públicos, incluídos os colexios. O concello encárgase tamén da limpeza dos centros educativos.
✍️ A estas cantidades hai que engadir, por exemplo, o Servizo de Axuda no Fogar. Como lembramos a semana pasada, ten este ano un orzamento de 3,4 millóns de euros.
O concello asume tamén o custo dos traballos de desratización, desinfección e desinsectación dos espazos públicos de Vilalba.
✍️ “En total, o orzamento contempla 9.380.000 euros para a prestación de servizos públicos, aos que se suman 3.200.000 euros para gastos de persoal”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.
📜 O Concello de Vilalba fai balance durante maio e xuño dos feitos máis destacados dos primeiros dous anos de mandato municipal. Grazas!
#transformandovilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies