26/05/2025
✅ O persoal de servizos municipais traballa cada día no acondicionamento do noso concello.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Segado, desbroce dos accesos e outros preparativos nos campos da festa de Santa Comba, San Adriano e San Lourenzo de Árbol.
👉 Desbroce e segado da área recreativa da Madalena e da súa contorna.
👉 Arranxos exteriores na escola infantil.
👉 Reparación e reubicación de sinais en distintos viais de comunicación.
👉 Plantación de elementos florais.
👉 Arranxo da porta do campo de herba artificial.
👉 Pintado de vados en distintas rúas.
👉 Pintado de varandas no espazo exterior do CEIP Ínsua Bermúdez.
👉 Colocación de bancos no igrexario de Sancovade.
👉 Preparativos varios para a celebración do campionato de fútbol organizado polo Rácing Vilalbés.
👉 Baldeado de barrizais provocados polas escorrentías das choivas.
👉 Arranxos varios e reposición de luminarias na rede de alumeado público municipal.
👉 Arranxos varios das incidencias comunicadas pola App Línea Verde.
👉 Transporte de cisternas de auga potable a varias localizacións, entre outras, San Adriano (romaría) e San Lourenzo (cemiterio).
👏 Grazas!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies