27/05/2025
👥 O Concello celebrará este xoves, 29 de maio, o pleno ordinario ás 18:00 horas na📍Casa da Cultura
📃 Os asuntos da convocatoria serán:
1️⃣ Aprobación, se procede, da prórroga dos contratos administrativos para a prestación dos servizos de limpeza e conserxería das instalacións, dependencias e centros escolares de titularidade municipal
2️⃣ Aprobación, se procede, da modificación da base número 24 das bases de execución do orzamento xeral co Concello para o exercicio 2025
3️⃣ Aprobación, se procede, do Regulamento de réxime interior do punto de atención á infancia (PAI)
4️⃣ Aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de funcionamento e actuación dos tribunais de selección e uso de medios electrónicos nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público no ámbito do Concello de Vilalba
5️⃣ Aprobación, se procede, da Ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas
6️⃣ Aprobación, se procede, do proxecto de obra "Mellora de pavimento na rúa do Rego"
7️⃣ Aprobación, se procede, do proxecto de obra "Mantemento e mellora das vías municipais de acceso a parcelas agrícolas en Belesar, Santaballa, Tardade, Sancovade, Oleiros e Román”
8️⃣ Declaración de Amnistía Internacional sobre GAZA
9️⃣ Moción do Bloque Nacionalista Galego sobre a situación actual do idioma galego e sobre a adopción de medidas para a súa normalización
🔟 Rogo (moción reconvertida) do grupo municipal Popular para volver poñer en marcha as actividades de verán para nenos e nenas
1️⃣1️⃣ Rogo do grupo municipal Popular sobre o mantemento e conservación do Auditorio/Conservatorio do Concello de Vilalba
1️⃣2️⃣ Preguntas do grupo municipal Popular
1️⃣3️⃣ Preguntas do Bloque Nacionalista Galego
📲 A sesión terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura (por mor das obras de rehabilitación da Casa do Concello) e poderá seguirse en directo na canle de Youtube do Concello
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies