03/06/2025
📢 O Concello lembra aos propietarios de solares na zona urbana a obrigatoriedade de proceder á súa limpeza antes do 30 de xuño de 2025
🌿 O goberno municipal recorda o deber de todos os propietarios a proceder á limpeza urxente das parcelas, adoptando as medidas necesarias para evitar o risco de incendios
🚜 A limpeza dos solares deberá facerse dende os límites da beirarrúa para que a vexetación non impida o paso libre e seguro de peóns e terá que efectuarse antes do 30 de xuño de 2025
📑 En caso de incumprimento, o Concello aplicará o réxime sancionador tal e como establece a Ordenanza Municipal de Protección de Medio Ambiente Urbano
➕ Ademais, poderanse efectuar de forma subsidiaria e a costa dos propietarios as operacións de limpeza pertinentes, sen prexuízo das sancións que foran procedentes
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies