04/06/2025
✅ O Concello vén de recibir a resolución da concesión de dúas subvencións por importe de 204.012 euros para dous proxectos de mellora das dotacións públicas no polígono industrial
1️⃣ Unha das axudas, por importe de 120.000 euros, para o proxecto de reforzo do firme e sinalización na rúa do Castiñeiro, rúa do Salgueiro e rúa Acivro
2️⃣ Unha subvención para un proxecto de aforro e eficiencia enerxética do alumeado público por un importe de 84.012,76 euros
✍🏼 "Presentáronse dous proxectos minuciosamente deseñados para acadar as subvencións de concorrencia competitiva da Consellería de Economía e Industria nas que se valoran por puntos as actuacións”, explicou a alcaldesa, Marta Rouco
🤝🏼 Así mesmo, Rouco subliñou que se trata “dunha actuación coa que damos resposta ao compromiso acadado coa Asociación de Empresarios para mellorar as dotación públicas do parque empresarial”
#alcaldia #parqueempresarial #proxectos #investimento #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies