10/06/2025
🔥 O Concello vén de abrir o prazo para facer a comunicación responsable que deberán presentar todas as persoas interesadas en realizar a fogueira na noite de San Xoán
📑 Os/as veciños/as deberán comunicalo a través do trámite habilitado na Sede Electrónica ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello
👀 Ademais, toda a veciñanza deberá cumprir a normativa de seguridade:
1️⃣ A fogueira deberá manter a distancia pertinente con respecto a outros elementos, sen superar os 3 metros de alto e os 4 de ancho
2️⃣ Non se poderán queimar elementos perigosos
3️⃣ Protexerase o chan con area e contarase cun sistema de extinción de incendios
4️⃣ As persoas solicitantes responsabilizaranse dos danos e deberán vixiar a fogueira
5️⃣ En caso de vento, as fogueiras deberán apagarse
‼️ O prazo para a presentación de comunicacións responsables rematará o venres 20 de xuño ás 14.00 horas
🔗 Ligazón á sede electrónica: https://vilalba.sedelectronica.es/info.2
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies