11/06/2025
📋✍️ A edil de Comercio Maria Xose Fernandez e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron xunto á responsable da sección de comercio da Asoc. dos Empresarios Vilalba María Carballeira un convenio de colaboración por valor de 8.000€.
ℹ️💶 Unha axuda municipal que duplica á do ano 2024 e que constitúe xa o máis elevado aporte do Concello ao comercio vilalbés ata a fecha.
✅️🤝 Este acordo posibilitará o financiamento de campañas de dinamización ao longo de todo este ano e enmárcase na total aposta do Concello polo comercio como "eixo vertebrador fundamental da economía local".
🗣 Así o explicou a concelleira responsable deste acordo María Xosé Fernández, que puxo en valor o "imprescindible da colaboración entre o Concello e o asociacionismo empresarial".
🗣 Unha visión, esta, compartida polo Vicealcalde Modesto Renda quen contextualizou esta "axuda municipal sen precedentes" como o apoio que "sen dúbidas merecía o comercio vilalbés"
#ÁreaDeComercio #ComercioLocal #Vicealcaldía #Vilalba #Convenios
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies