12/06/2025
🧠💬 "Decidir coa cabeza clara" - Xornada de sensibilización sobre o consumo de cannabis 🌿🚫
🗓️ O vindeiro mércores, 25 de xuño, durante a mañá, estaremos nos arredores do 📍IES Basanta Silva cunha xornada moi especial de sensibilización dirixida á mocidade.
🗣️ A través de dinámicas breves, simulacións sen materiais e conversas próximas, convidaremos ás persoas participantes a reflexionar, sen xuízos, sobre os efectos reais do cannabis e como pode afectar á concentración, á coordinación e ás decisións do día a día.
ℹ️ Falaremos de:
➡️ Como inflúe o consumo na capacidade para estudar, conducir ou decidir?
➡️ Que hai de mito e que hai de realidade?
➡️ Realmente controlamos cando dicimos "eu sei o que fago"?
💚 Porque previr tamén é escoitar, informar e crear espazos seguros para falar.
Animate a participar! A prevención tamén se constrúe entre todas e todos 💬💡
#alcaldia #servizossociais #prevencioncannabis
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies