Noticias e alertas

🔥 PROGRAMACIÓN SAN XOÁN 2025 🔥💐 Hoxe ás 18:00 dan comezo as actividades para...

22/06/2025

🔥 PROGRAMACIÓN SAN XOÁN 2025 🔥



💐 Hoxe ás 18:00 dan comezo as actividades para celebrar o San Xoán cun roteiro gratuíto de identificación das herbas de San Xoán impartido por Eva Quiroga, para logo decorar a ⛲️ fonte da praza



🔜 As actividades, organizadas polas asociación de veciños do campo de San Xoán en colaboración co Concello, continuarán mañá:



🕕 Ás 18:00 cun obradoiro, totalmente gratuíto, de encadernación da man de Isabel Pardo



🕗 Ás 20:00 concerto de Kreze, unha formación renovadora que mestura o son onírico e o folk



🕘 Ás 21:00 cea para os asistentes e foliada aberta



🕙 Ás 22:00 concerto de Voodoo Mantra, unha formación de Allariz que se centra no estilo stoner folk



🕦 Ás 23:30 acendido da cacharela de San Xoán na 📍Praza coa dramatización da Escola Municipal de Teatro e 🧙🏽‍♀️ as súas meigas



😃 Animádevos a vivir a noite máis máxica do ano na nosa vila!



#alcaldia #concelleriacultura #sanxoan #prazasanxoan #concellodevilalba







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies