Noticias e alertas

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Cultura, Mónica González,...

24/06/2025

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Cultura, Mónica González, presentaron na mañá de hoxe as pregoeiras e o cartel das festas de San Ramón e Santa María 2025



🎤 Un acto no que os protagonistas foron as pregoeiras desta edición das festas patronais, as irmás Purriños: Yolanda e Inma; e o autor do cartel: Eduardo Pérez Baamonde, pintor, muralista e ilustrador vilalbés



💚 Os tres protagonistas, Yolanda, Inma e Eduardo, amosaron o seu agradecemento e sentimento de honra por formar parte da presente edición das festas de San Ramón e Santa María, cun papel tan destacado como o seu



🔝 Ao tempo que dende o Concello puxeron en valor “a súa traxectoria e o orgullo que supón para nós que tres persoeiros vilalbeses, referentes nos seus ámbitos profesionais e cun forte lazo con Vilalba, se convertan nos protagonistas das nosas festas patronais”



🗓️ Dende o Concello adiantaron que as festas comezarán o venres 22 de agosto, coa tradicional xira campestre na Madalena, e estenderanse ata o domingo 7 de setembro, coa celebración da feira e o Día das Parroquias, no que esta edición a protagonista será 📍San Xurxo de Rioaveso



🔜 Ademais confirmaron que a vindeira semana se darán a coñecer máis detalles das festas, que este ano volve organizar o Concello coa colaboración da Asociación cultural festas patronais de Vilalba para a elaboración do libro das festas e “outros aspectos nos que poidamos precisar da súa participación”



#alcaldia #concelleriacultura #festaspatronais #sanramonesantamaria2025 #concellodevilalba







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies