25/06/2025
✅ O noso Concello vén de recibir a resolución favorable de Augas de Galicia para a concesión de 14.758,13 euros destinados á realización de auditorías no sistema de abastecemento de auga
📄 Un proceso de análise que permitirá elaborar plans de actuación para minimizar as perdas de auga cos que logo “intentaremos conseguir fondos de Augas de Galicia que nos permitan mellorar o sistema de abastecemento e facer unha nova captación de auga”, explicou a alcaldesa, Marta Rouco
🔙 Nese sentido, o Concello “amosou sempre a urxencia de que a Xunta de Galicia investira no ciclo da auga da nosa vila, posto que as instalacións actuais son insuficientes para asegurar a demanda de subministro do concello, fundamentalmente as do polígono”, lembrou Marta Rouco
➕ O Concello tamén foi seleccionado para participar no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta, é dicir, na fase previa á súa distribución aos fogares
🔝 “Unha selección que demostra que o noso Concello cumpre cos criterios técnicos, económicos e de experiencia necesarios e que supón un recoñecemento á capacidade para traballar en proxectos innovadores” concluíu a rexedora, Marta Rouco
#alcaldia #ciclodaauga #abastecemento #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies