Noticias y alertas

🔜 O vindeiro luns, 30 de xuño, arranca a primeira quenda dos campamentos de verán municipais, unha ferramenta clave no apoio á c...

27/06/2025

🔜 O vindeiro luns, 30 de xuño, arranca a primeira quenda dos campamentos de verán municipais, unha ferramenta clave no apoio á conciliación familiar que promove a concellería de Infancia e Xuventude



🧒🏽 Na primeira xornada comezarán a súa aventura 44 nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, que gozarán dos campamentos de verán ata o 24 de xullo



✅ “Sabemos que o verán é un reto de conciliación para as familias e por iso, apostamos un ano máis por uns campamentos que facilitan esta cuestión; á vez que os nenos e nenas gozan, aprenden e socializan nunha contorna segura e estimulante”, salientou a alcaldesa, Marta Rouco



ℹ️ Nesta edición “ofrecéronse medio centenar de prazas en cada quenda, que se axustaron lixeiramente para garantir unha atención adecuada a nenos e nenas con necesidades específicas”, explicou Rouco

2️⃣ A segunda quenda contará con 42 participantes e celebrarase dende o 28 de xullo ata o 22 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas, que se poderá ampliar no caso de familias que precisen o servizo de recollida temperá

🔗 Máis info: www.vilalba.gal/novas



#alcaldia #infanciaexuventude #campamentosveran #conciliacionfamiliar #familias #concellodevilalba



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies