03/07/2025
👀 Vexo Vexo Vilalba!
Xa está aquí o concurso semanal do verán en Vilalba!
📢 Comezamos o próximo luns, 7 de xullo!
👉 Participar é moi fácil:
📸 Todos os luns de xullo e agosto publicaremos unha imaxe dalgún lugar de Vilalba.
1️⃣ Se sabes onde é a fotografía, envía un comentario á publicación en Facebook ou Instagram coa túa resposta.
2️⃣ Cada resposta acertada terá un número, que asignaremos pola orde cronolóxica de chegada.
3️⃣ Entre todas as respostas acertadas que cheguen ata o xoves ás 20:00 horas, sortearemos un bono de 20 entradas para as piscinas da Madalena.
✍️ Cada venres publicaremos a resposta e o nome do gañador ou gañadora!
👏 Animádevos a participar! Que ves?
#vexovexovilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies