08/07/2025
📣 O Concello vén de iniciar o proceso de comunicación aos propietarios de solares urbanos que non manteñen limpas e pechadas as súas parcelas
ℹ️ As persoas notificadas dispoñen de 15 días naturais para levar a cabo os traballos necesarios; sendo preciso acreditar a realización dos mesmos mediante unha comunicación con fotografías
🗣️ “Desde o Concello apelamos á responsabilidade dos propietarios para que manteñan os seus solares en condicións adecuadas. É unha cuestión de limpeza, salubridade e tamén de respecto á contorna urbana e aos veciños”, afirmou a alcaldesa, Marta Rouco
✅ Así mesmo, Rouco quixo “poñer en valor a quen cumpre coa normativa e mantén os seus solares limpos e pechados, porque o seu compromiso contribúe directamente a unha mellor imaxe e benestar do noso municipio”
⚠️ Os propietarios que non atendan o primeiro requirimento expóñense a unha sanción de 9,02€ por metro lineal e de 18,03€ no segundo para o suposto de incumprimento da obriga de peche de solares
🌿 Para o incumprimento dos deberes de limpeza a sanción será de 200 euros no primeiro requirimento e de 400 no segundo, á que se sumará unha multa coercitiva cada semana ata lograr a limpeza da parcela
#alcaldia #medioambiente #limpeza #solaresurbanos #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies