Noticias e alertas

‼️ O centro de saúde atravesa “unha situación crítica en termos de número de persoal sanitario, con só 7 médicos que teñen que c...

09/07/2025

‼️ O centro de saúde atravesa “unha situación crítica en termos de número de persoal sanitario, con só 7 médicos que teñen que cubrir o cupo de pacientes dos 11 profesionais que debería haber”, afirmou a alcaldesa, Marta Rouco



➡️ "O Concello xa trasladou en xaneiro á Xunta a situación que se prevía, insistindo nunha previsión axeitada para que non se comprometera a saúde dos nosos veciños e veciñas”



➡️ Na actualidade hai 7 médicos de atención primaria, 3 menos debido a 2 xubilacións e 1 baixa. A Xunta de Galicia só cubriu unha das 3 baixas cun profesional de reforzo que atende as urxencias dos 3 cupos sen profesional



➡️ "Tamén hai unha redución de persoal no servizo de enfermería, no cal non se están cubrindo as vacacións dos profesionais e está interrompido o servizo de fisioterapia, obrigando a suspender as citas dos pacientes que nalgúns casos se atopan nun proceso de rehabilitación cuxa demora repercute directamente no seu estado de saúde”



➡️ "É urxente que a Xunta dea solucións inminentes para o noso centro de saúde e cubra como corresponde os cupos de profesionais que se xubilaron ou están de baixa”



➡️ “Estamos a falar dun dereito fundamental. A atención sanitaria debe estar garantida con medios e persoal suficiente. Xogar con iso é profundamente irresponsable"



#alcaldia #centrodesaude #concellodevilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies