Noticias e alertas

✅ O Concello e o Grupo Entrepinares renovan a súa colaboración para a promoción...

16/07/2025

✅ O Concello e o Grupo Entrepinares renovan a súa colaboración para a promoción de actividades lúdicas e recreativas na nosa vila



🤝🏼 Así o confirmaron nunha reunión mantida entre a alcaldesa, Marta Rouco, a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, o Conselleiro delegado de Entrepinares, Jose Manuel García Bejines e o director da fábrica en Vilalba, Javier Gato



🗣️ “Desde o Concello renovamos con ilusión este acordo. Investir na infancia é investir no presente e o futuro do noso municipio, e esta colaboración faino posible” afirmou agradecida a alcaldesa, Marta Rouco



ℹ️ A empresa vallisoletana patrocinará:



➡️ Os días infantís das festas de San Ramón e Santa María, o 2 e 3 de setembro, con inchables, simuladores, festa da espuma e o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona



➡️ A festa do Samaín con inchables, túnel do terror, filloeiras de Muimenta e concurso de cabazas



➡️ Diversas propostas incluídas na programación de Nadal: as festas infantís nas parroquias e a visita de Papá Noel; que incluirán inchables, obradoiros, música e doces



💬 "Nuestra apuesta por Vilalba y Galicia es clave y queremos seguir creciendo aquí. Para ello, necesitamos más personas para desarrollar los proyectos que vienen" asegurou o Conselleiro delegado de Entrepinares, Jose Manuel García Bejines

#alcaldia #infanciaexuventude #colaboracion #concellodevilalba







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies