17/07/2025
🎉 Comisións de festas, LEMBRADE: se ides celebrar festas parroquiais, é obrigatorio notificar ao Concello presentando a “Declaración responsable de espectáculos públicos” no Rexistro ou a través da Sede Electrónica
📄 Documentación que debedes presentar:
✔ Declaración responsable
✔ Copia do DNI ou CIF (se sodes asociación)
✔ Autorización para usar o campo da festa
✔ Póliza de responsabilidade civil e xustificante de pago
✔ Memoria de actividades
✔ Declaracións responsables de cada actividade (orquestras, bar, carpa, inchables…)
🕒 É moi importante presentar todo con antelación, para poder comunicar a celebración á Garda Civil e á Xunta de Galicia.
‼️ Recoméndase facelo cun mínimo de 7 días antes da festa.
ℹ️ Lembrade tamén que naqueles casos nos que precisedes a colaboración do Concello convén que o solicitedes cun mínimo de 7 antelación.
🙏🏽 Grazas pola vosa colaboración!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies