Noticias e alertas

✅ O Concello de Vilalba conseguiu unha nova subvención para continuar co proceso de renovación da cuberta do pavillón municipal,...

23/07/2025

✅ O Concello de Vilalba conseguiu unha nova subvención para continuar co proceso de renovación da cuberta do pavillón municipal, solucionando desta forma os problemas de filtracións de auga no inverno.



👉 “Esta actuación, na cuberta da zona dos novos vestiarios, súmase ás obras que fixemos hai uns meses para renovar a cuberta na zona na que estaba máis deteriorada”, explica Marta Rouco.



✍️ A alcaldesa encargouse persoalmente de tramitar esta subvención, por un importe de 60.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética a través do Fondo de Cooperación Local.



👍 Ademais dos traballos na cuberta, instalarase un sistema de aerotermia nos vestiarios, “máis eficaz para quentar este espazo que os radiadores”.



📌 Por outra parte, Rouco manterá mañá en Santiago unha reunión co secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, para pedir “a ampliación do pavillón e o novo alumeado para o estadio da Madalena, que xa solicitamos anteriormente”.



Obras no último ano



👉 “O noso compromiso coas instalacións deportivas reflíctese en feitos e obras, financiadas grazas aos acordos que xestionamos con outras administracións e fondos municipais. No último ano, renovamos o céspede do estadio da Madalena, que conta tamén cunha nova estrutura para o control de acceso do público e venta de entradas, e a cuberta dun dos almacéns”, afirma a alcaldesa de Vilalba.



👏 “No pavillón do CEIP Mato Vizoso, renovamos a pista, a cuberta dos vestiarios, instalamos unha bomba de calor por aerotermia, e cambiamos as fiestras e as luminarias”, engade, “e no pavillón do CEIP Insua Bermúdez tamén actuamos na cuberta, fixemos a limpeza e reparación da fachada co selado de gretas, tarefas de pintado e a substitución do termo de auga quente de 200 litros por unha bomba de calor de 1.000 litros”.



#alcaldia #deportes #vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies