Noticias e alertas

👥 O Concello de Vilalba celebrará este xoves, 31 de xullo, o pleno ordinario ás 18:00 horas na📍Casa da Cultura

29/07/2025

👥 O Concello de Vilalba celebrará este xoves, 31 de xullo, o pleno ordinario ás 18:00 horas na📍Casa da Cultura



📃 Os asuntos da convocatoria serán:



1️⃣ Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores



2️⃣ Aprobación, se procede, do ditame sobre o outorgamento a Agustín Fernández Paz da distinción de designar co seu nome á Biblioteca Municipal da nosa vila, ostentando así o nome de ‘Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz’



3️⃣ Aprobación, se procede, da incoación do expediente de modificación ou rehabilitación do escudo da Corporación mediante solicitude de propostas á Comisión Heráldica



4️⃣ Aprobación, se procede, do regulamento normalizador do teletraballo no Concello



5️⃣ Aprobación, se procede, da modificación da base número 24 das bases de execución do orzamento xeral do Concello de Vilalba para o exercicio 2025



6️⃣ Aprobación, se procede, da determinación das festas locais no Concello de Vilalba para o ano 2026



7️⃣ Aprobación inicial, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 33/2025 do Orzamento en vigor, na modalidade de suplemento de crédito e de crédito extraordinario



8️⃣ Aprobación, se procede, do proxecto das obras de "Remodelación do parque de Rosalía de Castro"



9️⃣ Aprobación, se procede, do proxecto das obras de "Renovación do firme do vial de acceso ao barrio de As Fontiñas"



🔟 Aprobación, se procede, o desestimento da adhesión á Plataforma Queremos Galego, acordada en sesión plenaria do 29 de maio



1️⃣1️⃣ Aprobación, se procede, da proposta de acordo regulador do prezo público polo servizo do Punto de Atención á Infancia (PAI)



1️⃣2️⃣ Dación de conta das Resolucións da alcaldía e dos acordos da Xunta de Goberno Local dende a última sesión ordinaria do Pleno



1️⃣3️⃣ Moción do grupo municipal popular para defensa do sector primario e por unha política agraria común xusta e sostible



1️⃣4️⃣ Moción do grupo municipal do BNG relativo á moratoria de novas plantacións de eucalipto



1️⃣5️⃣ Rogo do grupo municipal popular para a ampliación do servizo de Madrugadores



1️⃣6️⃣ Rogo do grupo municipal popular sobre as incidencias na recollida de lixo no medio rural



1️⃣7️⃣ Rogo do grupo municipal do BNG relativa ao financiamento para acometer a restauración da fonte do matadoiro



1️⃣8️⃣ Rogo do grupo municipal do BNG relativa á mellora da seguridade viaria da Avenida da Terra Chá



1️⃣9️⃣ Preguntas formuladas por escrito polo grupo municipal popular



2️⃣0️⃣ Preguntas formuladas por escrito polo grupo municipal do BNG



📲 A sesión terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e poderá seguirse en directo na canle de Youtube do Concello



🔗 https://www.youtube.com/live/81a_82k7t30



#pleno #concellodevilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies