Noticias e alertas

✅ O equipo de goberno defenderá unha decena de propostas no pleno ordinario que...

30/07/2025

✅ O equipo de goberno defenderá unha decena de propostas no pleno ordinario que se celebrará mañá, xoves 31 de xullo, ás 18:00 horas na Casa da Cultura



➡️ Proxecto de remodelación do parque Rosalía de Castro “dando resposta ás demandas dos pais e nais que nos trasladaron a súa preocupación polo estado das instalacións”, asegurou a alcaldesa, Marta Rouco



➡️ Nomeamento da biblioteca municipal como Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz en resposta á solicitude do IESCHA



➡️ Proxecto de renovación do firme do acceso ao barrio das Fontiñas mediante o aglomerado da entrada ao núcleo de vivendas



➡️ Prezo público do servizo do Punto de Atención á Infancia, que será de 0 euros; as obras rematarán no mes de agosto para que o servizo entre en funcionamento en setembro



➡️ Proposta de festividades locais para o 2026: día de San Ramón, 31 de agosto, e día de Santa María, 1 de setembro



➡️ Solicitude á Comisión Heráldica da Xunta de Galicia para que faga unha proposta ao Concello dunha modificación do escudo, eliminando as reminiscencias relixiosas do mesmo



➡️ Aprobación do regulamento do sistema de teletraballo no Concello



➡️ Modificación das bases de execución do orzamento para incluír as subvencións ás asociacións culturais que finalmente serán de carácter nominativo e non por concorrencia competitiva - Concellería de Cultura



➡️ Proposta de desestimento da adhesión á Plataforma Queremos Galego, ao requirirse unha cantidade de diñeiro que non está orzamentada



#alcaldia #pleno #propostas #gobernolocal #concellodevilalba























Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies