Noticias e alertas

🎊 Domingo de Vilalba!📌 Lembrade que mañá temos un domingo de feira e...

02/08/2025

🎊 Domingo de Vilalba!



📌 Lembrade que mañá temos un domingo de feira e actividades de lecer en Vilalba!



✅ Ás 12:00 horas, na praza de Santa María, comeza a Feira Intercultural.



👍 “Unha proposta diferente coa que damos continuidade á nosa iniciativa para incrementar a afluencia de visitantes na Praza de Santa María os domingos de feira”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.



🫶 Unha cita coa convivencia entre culturas con postos de Colombia, Venezuela, Marrocos, Perú, Cuba, Brasil, Senegal, Uruguai, Rusia ou Italia. Haberá degustación gratuíta de produtos típicos e a actuación de baile 'Alleo' do Colectivo Glovo.



💃🕺 Pola tarde, como cada domingo de feira, chega o domingo de baile ao Centro Cultural de 17:00 a 20:00 horas co dúo Madeira. Non faltará o sorteo gratuíto para os asistentes!



😀 DOMINGO DE FEIRA, DOMINGO DE VILALBA!



#alcaldía #dinamización #vilalba







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies