Noticias e alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da...

04/08/2025

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.



🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:



👉 Traballos de limpeza e desatasco das canaletas da praza da Constitución.



👉 Tarefas varias de xardiñería, entre elas, o acondicionamento e desbroce de espazos e contornas no Cotarón, áreas recreativas da ponte de Martiñán e Rebordaos, ponte da rotonda do polígono, travesía do Calvario, vía de servizo do Ventorro, campos da festa de Samarugo, Goiriz, Vixil (Boizán), etc.



👉 Traballos varios de albanelería e reposición de elementos deteriorados e de montaxe en zonas urbanas.



👉 Rebacheo na travesía do Calvario.



👉 Pintura nas dependencias da escola infantil municipal e a pista de tenis da Madalena.



👉 Retirada de polas e árbores en pistas municipais.



👉 Montaxe do salón de plenos na Casa da Cultura.



👉 Traballos de desatasco da fonte da Madalena.



👉 Traballos de reposición de luminarias e arranxos varios na rede de alumeado municipal.



👉 Outras actuacións derivadas das incidencias comunicadas a través da App Línea verde.



👍 Grazas!















































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies