05/08/2025
🎊🍹 Tardeo na Pravia!
📌 Este sábado, día 9 de agosto, temos plan para o solpor en Vilalba: Tardeo na rúa da Pravia ás 20:30 horas!
🎸 A Banda ‘La Disquetera’ versionará os mellores éxitos do pop rock español de todos os tempos.
✅ “Despois de pasar a tarde nas piscinas da Madalena, convidamos aos veciños e veciñas a divertirse nunha festa para todos os públicos”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.
👉 O concerto, organizado dende a Concellería de Feiras e Mercados, conta ademais coa colaboración dos establecementos A Pravia, Xanela e A Esmorga, “aos que queremos amosar o noso agradecemento”, engade Paula Vigo.
😀 Ven a tardear con nós!
#alcaldia #dinamizacion #feiras
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies