Noticias e alertas

👀 Vexo Vexo Vilalba!

08/08/2025

👀 Vexo Vexo Vilalba!



👏 Moitas grazas ás máis de 70 persoas que participaron no concurso esta semana!



📸 Efectivamente, a imaxe é da estrada LU-P-6513, recentemente rexenerada dende o seu inicio, na rúa Cidade de Betanzos, ata a rotonda de acceso á autovía A8.



A estrada discorre pola rúa Cidade de Betanzos, a rúa da Ferrería e o camiño do Rollo no casco urbano pero, ademais, conecta con este a varias parroquias de Vilalba.



✍️ “Eramos conscientes do seu estado de deterioro e do consecuente prexuízo que supoñía para os veciños e veciñas desta zona”, explica a alcaldesa, Marta Rouco, que acadou o compromiso do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, de renovar por completo o vial.



🏊‍♀️ A persoa gañadora no sorteo do bono de 20 entradas para as piscinas da Madalena é Marta Carballeira Seijas.



👍👍 Marta, podes recoller o bono nas piscinas. Xa está avisado o persoal que traballa nas instalacións! Disfrútao!



Grazas!



#vexovexo #vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies