Noticias e alertas

✅ O Concello de Vilalba, a través da Alcaldía e a concellería de Feiras e Mercados, reforzará ata finais de ano as actividades d...

08/08/2025

✅ O Concello de Vilalba, a través da Alcaldía e a concellería de Feiras e Mercados, reforzará ata finais de ano as actividades de dinamización cun ciclo de conferencias e novas iniciativas nas parroquias



👍 “Continuaremos na mesma liña para dinamizar o tecido asociativo, veciñal e comercial, favorecendo a participación cidadá e xerando impacto económico no sector servizos”, explica Marta Rouco



A última iniciativa foi a Feira Intercultural, que se une a outras como a Feira de Artesanía ou a Feira de Segunda Man ‘Vintalba’ para dinamizar a zona da praza de Santa María os domingos de feira.



👉 “O balance é positivo e xa están en marcha novas iniciativas, como o Tardeo de mañá na rúa da Pravia ou un ciclo de conferencias sobre temas de actualidade que comezará o 29 de agosto”, adianta a alcaldesa, Marta Rouco.



Máis de 250 persoas de 21 parroquias participaron no último programa de dinamización rural. “Engadiremos tamén novas actividades, algunha delas vinculada á divulgación sobre a saúde e os hábitos saudables, da que daremos pronto máis información”, engade Rouco.



🕺Tamén se manterán os domingos de baile e as actividades e concertos paralelos a eventos como a Feira do Capón de decembro.



#alcaldia #dinamización #vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies